venres, 28 de febreiro de 2025

FESTIVAL DE ENTROIDO "COS PÉS NA TERRA"

O venres 28 de febreiro celebramos o festival "COS PÉS NA TERRA". 


Tal como indica a consigna, foi un día de festa e alegría.  Disfrazámonos acorde ao proxecto e desfrutamos xuntos do festival, no que participou todo o alumnado de Infantil e Primaria. 

Presentaron o festival tres alumnas do Voluntariado de 6º EP: Sara, Elisa e Thalia. 

Comeza o festival o alumnado de INFANTIL . Este curso convertéronse en investigadores e investigadoras, e están aprendendo moito sobre eses bichiños que viven por embaixo e por enriba da terra. 
"IMOS BUSCAR INSECTOS"

Continúan 1º 2º EP que presentan "ESPANTALLOS". Parécenos moi acaído, porque se hai algo que está cos pés na terra é precisamente un espantallo. 

Chega a quenda do alumnado de 3º EP . Con eles faremos unha viaxe polo mundo do traballo no campo. A súa proposta titúlase 
"A HORTA DE BALBINA"

Chega o bosque de 4ºEP cantando "COS PÉS NA TERRA"

É a quenda de 5º EP. O título da súa presentación é 
"ENTROIDO TOLO".

E aquí remata 6º EP "RECICLANDO RAPIDIÑO!"

Grazas á colaboración da ANPA "O facho" rematamos o festival gozando dunha sesión de contacontos, coa Asociación Cultural
 "OS DA URXEIRA".

xoves, 27 de febreiro de 2025

O ENTROIDO NOS MUÍÑOS

 No CEIP "Os Muíños" celebramos o Entroido na semana do 24 ao 28  de febreiro. 

Desfrutámolo moito e pasámolo xenial!

Premedo na imaxe, accederás ás fotos.

Seguimos ao pé da letra os mandatos do Meco.

ANUNCIAMOS...