venres, 30 de xaneiro de 2026

DÍA DA PAZ

O venres, 30 de xaneiro, xuntámonos para celebrar o Día Escolar da non Violencia e a Paz, unha data moi especial que nos invita a reflexionar sobre a convivencia e pequenos xestos como: respectar, escoitar, compartir e resolver os conflitos falando e non con violencia.

Facémolo a través de música, porque une as persoas e axúdanos a soñar cun mundo máis xusto.  

A  canción escollida é "Samba da utopía" de Jonatan Silva. Escribiuna para lembrarnos que, aínda que as cousas se poñan difíciles, a música e a palabra sempre son un refuxio. 

Presentan a actividade Noa e Rosalía, alumnas de 6º de EP.

venres, 23 de xaneiro de 2026

ECOPERCUSIÓN 5º EP

O venres, 23 de decembro, o alumnado de 5º E.P. participou nun obradoiro de ECOPERCUSIÓN.

Da man do músico cubano Didier Díaz Madan aprenderon a técnica de agarre de baquetas e ritmos diversos. Conseguiron montar unha peza musical en dúas horas que durou o obradoiro.  A actividade desenvolveuse no pavillón. 

FESTIVAL "OBXECTIVO: ENTROIDO SOSTIBLE"

O venres 13 de febreiro celebramos o festival " OBXECTIVO:  ENTROIDO SOSTIBLE" . Hoxe xuntámonos a festexar o Entroido, unha das t...