venres, 28 de outubro de 2022

SAMAÍN - MAGOSTO 2022

O 28 de outubro, no CEIP "Os Muíños" celebramos o Samaín  e o Magosto, cun programa de actividades variado. 

"MOITO MAXÍN NO SAMAÍN..."

Celebramos o Samaín pola mañá  a través das seguintes actividades. 
Alumnado e mestres, viñeron disfrazados acorde á celebración.


O equipo de Extraescolares, en colaboración coa biblioteca e o ENDLG, convocou para as familias un concurso de cabazas relacionado co PDI.

Todo o alumnado de Infantil e Primaria colaborou conxuntamente na elaboración dun conto viaxeiro relacionado co PDI, titulado

 "UN MAR DE MEDOS"

Na "Hora de ler", os mestres contaron e escenificaron, no pavillón, un conto para todo o alumnado, titulado "A FIGUEIRA DE PELOSTOSTOS"


Presentou a actividade, Mauro, alumno do Voluntariado.

"E CHEGOU MAGOSTO...VEN CON EL  A DESFRUTAR!"

De 15.00 a 16.30 celebramos o Magosto. 
Todo o alumnado desfrutou dos XOGOS POPULARES.

Rematamos esta celebración con CASTAÑADA E LEITE.

domingo, 23 de outubro de 2022

ANUNCIAMOS SAMAÍN - MAGOSTO 2022

O vindeiro venres, 28 de outubro, no CEIP "Os Muíños" celebraremos o Samaín e o Magosto cun programa de actividades variado.

FESTIVAL DE POESÍA

O venres, 22 de marzo, demos remate ao 2º trimestre co Festival de Poesía. Escollemos como figura representativa a Eduardo Pondal creador d...