venres, 22 de decembro de 2023

FESTIVAL DE NADAL "CONFÍN DOS VERDES CASTROS"

 O xoves, 21 de decembro, demos remate ao 1º trimestre co Festival de Nadal "CONFÍN DOS VERDES CASTROS" no que participou todo o alumnado de Infantil e Primaria. Un momento para compartir coas familias e cos compañeiros, o que levamos traballado este trimestre. 

O festival, proposto polo Equipo de Extraescolares en colaboración coa Biblioteca e o ENDLG, está relacionado co Proxecto Documental Integrado ( PDI) polo que o tema principal é a cultura castrexa.

Premendo na imaxe, accederás ao programa de actividades.


Presentou o festival, alumnado do Voluntariado de 6º E.P. baixo a coordinación do Equipo de Biblioteca.
 O noso agradecemento a Mar, Pedro, Iria e Andrés. 

Dan comezo a este festival os máis pequenos do cole, o alumnado de Infantil, cun conto dramatizado titulado:

"AQUÍ VEÑEN OS CASTREXOS"

Non pode haber un Nadal sen panxoliñas. Aquí temos ao alumnado de 1º-2º E.P. que cantan:
"PANXOLIÑA DO CASTRO"
Continúan o alumnado de 3º E.P. cunha obra de teatro que titulan:
"CHIQUIARQUEÓLOGOS NO CASTRO DE MALLOU"
O alumnado de 4º E.P. deléitanos cunha mezcla de  conto - canción que titulan: 
"SOÑA, SOÑA, BAROÑA"
Continúan o alumnado de 5º E.P. cunha obra de teatro que titulan: 
"A MILONGA DE VILADONGA"
 
Remata o festival o alumnado de 6º E.P. cun conto dramatizado titulado: 
"LADRÓNS NO CASTRO DE LANÓBRIGA"

luns, 11 de decembro de 2023

"NADAL NOS VERDES CASTROS"

Como son tempos de Nadal, o Equipo de Extraescolares en colaboración coa Biblioteca e o ENDLG propuxo unha actividade colaborativa para darlle forma á nosa árbore "NADAL NOS VERDES CASTROS".

Grazas á colaboración de todo o alumnado e mestres, así luce a nosa árbore. 

Aquí tedes o vídeo da actividade.

luns, 4 de decembro de 2023

OBRADOIRO ECOPERCUSIÓN

O luns 4 de decembro, o alumnado de 5º E.P. participou nun obradoiro de ECOPERCUSIÓN.

Da man do músico cubano Didier Díaz Madan aprenderon a técnica de agarre de baquetas e ritmos diversos. Conseguiron montar unha peza musical en dúas horas que durou o obradoiro.  A actividade desenvolveuse no pavillón. 

Como colofón, a banda de percusión de 5º E.P. fixo un pequeno concerto para todo o alumnado e profesorado do colexio. 

O resultado foi espectacular!


FESTIVAL DE POESÍA

O venres, 22 de marzo, demos remate ao 2º trimestre co Festival de Poesía. Escollemos como figura representativa a Eduardo Pondal creador d...