O pasado venres, 19 de xuño, celebramos no colexio a nosa festa de fin de curso cunha xornada chea de actividades, diversión e emocións.
Comezamos cunha divertida xincana "Ecoaventura 2030"na que o alumnado participou con entusiasmo. Premendo na imaxe, accederás á actividade. 👍
Entrega de premios CONCURSO DE POESÍA ESCRITA.
A poesía ten a capacidade de transformar as palabras en emocións, soños e sentimentos. Ao logo do curso, nenos e nenas demostraron a súa creatividade e sensibilidade participando no concurso de poesía escrita.
Queremos felicitar ás gañadoras polo seu esforzo, a súa imaxiación e o seu amor polas palabras.
Entrega de premios TALENT SHOW.
Ao longo deste curso tivemos a oportunidade de descubrir algo moi especial: o enorme talento que hai no noso colexio.
Queremos felicitar a todas as persoas que participaronno concurso Talent Show e recoñecer ese traballo coa entrega de premios aos gañadores.
VOLUNTARIADO A-D ( Entrega de diplomas).
Non todos os premios recoñecen unha competición. Algúns celebran valores tan importantes como a solidariedade, a responsabilidade, o compromiso e a xenerosidade.
Ao logo deste curso, alumnado de 5º e 6º EP colaboraron de forma voluntaria como axudantes da biblioteca, cotribuíndo a que este espazo fose máis acolledor, organizado e dinámico para toda a comunidade educativa.
Tamén queremos destacar o labor realizado nos Apadriñamentos lectores, unha experiencia chea de aprendizaxe e ilusiónna que os maiores acompañaron aos máis pequenos no marabilloso mundo dos libros e da lectura.
Como agradecemento polo esforzo, dedicación e exemplo fíxose entrega dos diplomas ao alumnado participante nestes programas.
Alumnado de 5º EP
Alumnado de 6º EP
FIN DUNHA PEQUENA E GRAN ETAPA: INFANTIL.
E chegamos a un dos momentos máis emotivos deste acto. Hoxe despedimos unha etapa moi especial para o alumnado de Infantil. Foron anos cheos de xogos, descubrimentos, aprendizaxes, amizades, risas e moitas experiencias que gardarán para sempre na súa memoria. Pouco a pouco foron medrando, aprendendo e preparándose para afrontar novos retos.
Agora están listos para comezar unha nova aventura en Primaria, levando consigo todo o que aprenderonnestes primeiros anos de escola.
Para celebrar este momento tan importante, Nerea, a súa profe, fixo entrega dos birretes e das orlas, un fermoso recordo desta etapa que hoxe remata con éxito.
Despois da entrega de birretes e orlas, os nosos protagonistas van regalarnos unha cantiga moi especial, preparada con moita ilusión e agarimo.
PEGADAS QUE QUEDAN NO COLEXIO.
E chegamos ao último acto desta celebración. Un momento cheo de emocións, lembranzas e tamén de ilusión polo futuro. Hoxe despedimos ao alumnado de 6º EP, nenos e nenas que deixan pegada no noso colexio. Aquí creceron, aprenderon, compartiron experiencias, construíron amizades e viviron momentos que formarán parte da súa historia para sempre.
As súas pegadas quedannos corredores, nas aulas, no patio e, sobre todo, nos corazóns de quen tivemos a sorte de acompañalos nesta etapa.
O alumnado fixo undiscurso de fin de etapa, unhas palabras nas que compartiron os seus recordos, agradecementos e ilusións ante os novos retos que están por vir.
A mestra Begoña entregou os birretes e as orlas, símbolo do esforzo, da aprendizaxe e do camiño percorrido ao longo destes anos de Primaria.
A contiuación, o alumnado sorprendeu a Aurelia e a Begoña cuns agasallos.
Para pechar este acto tan especial, Aurelia dedicou unhas palabras de despedida ao alumnado que rematou a súa etapa no noso centro.
Hoxe, 19 de xuño, chegamos ao final dunha gran aventura compartida ao longo deste curso. A través do noso PDI sobre a "Axenda 2030" aprendemos a importancia de coidar o planeta, respectar ás persoas e construír un futuro mellor para todos e todas.
Esta mañá desfrutamos da nosa "Ecoaventura 2030", unha divertida xincana na que alumnado e profesorado participamos xuntos, demostrando traballo en equipo, esforzo e moita ilusión.
GRUPO 1
GRUPO 2
GRUPO 3
GRUPO 4
GRUPO 5
GRUPO 6
A
xincana ten un percorrido deseis
rutas que os grupos teñen que adiviñar seguindo unhas determinadas pistas.
En cada Ruta fanse 2 probas; cada proba ten que resolverse nun tempo
máximo decinco minutos (dez
minutos/Ruta).
Para ver fotos da actividade, preme en cada ruta👍
E chegou o momento que todos estamos agardado. Despois de superar retos, resolver probas, traballar en equipo e demostrar todo o aprendido sobre a "Axenda 2030", na nosa "Ecoaventura 2030" toca recoñecer o esforzo e a participación de cada grupo.
O máis importante desta xincana non é gañar, senón aprender, colaborar, respectar aos demais e o máis importante, divertirnos xuntos.
Aínda así, temos un equipo gañador, o grupo 1,que destacou polos resultados acadados nas probas. Aurelia, a nosa directora, fixo a entrega de premios.
Parabéns!👐💪
Alumnado do Voluntariado de 5º EP presentou a actividade.
O 27 de marzo celebramos o festival de poesía "Palabras que transforman", un encontro cheo de emoción, creatividade e compromiso.
Reunímonos para celebrar o poder da palabra como ferramenta de cambio inspirándonos nos valores e obxectivos da Axenda 2030.
A través da poesía, queremos reflexionar sobre o coidado do noso planeta, a igualdade, a xustiza social e o respecto por todas as persoas. Porque as palabras cando nacen do corazón, teñen a capacidade de transformar miradas, actitudes e tamén o mundo que nos rodea.
Neste festival participa con gran ilusión o alumnado de Infantil e Primaria que nos deleitarán coa recitación de poemas cheos de sensibilidade e mensaxes de esperanza. Ademais tamén contamos coa participación da nosa directora Aurelia, que se suma a este festival compartindo a súa voz e o seu compromiso.
Convídámosvos a escoitar, sentir e deixarvos levar por cada verso, porque cada palabra conta e cada voz importa.
Presentan o festival Aric, Camila, Mateo e Ainara, alumnado do Voluntariado de 5º e 6º de EP.
O alumnado de Infantil preséntanos unha proposta moi especial titulada "Sabor a rima", onde a poesía mestura palabras, emocións e valores para axudarnos a comprender o mundo que nos rodea.
Continúa o alumnado de primeiro poñendo o foco no obxectivo 4, educación de calidade, fundamental para construir unha sociedade máis xusta e inclusiva. Preséntanos o seu poema titulado "Dereito á educación", no que nos lembran, a través da poesía, a importancia de aprender, crecer e ter as mesmas oportunidades.
Seguimos avanzando na nosa axenda 2030, centrados no obxectivo 5, igualde de xénero, promovendo valores fundamentais para o noso futuro.
O alumnado de segundo preséntanos un poema que leva por título "Promulgando a igualdade"no que, a través das palabras e da creatividade, reivindican un mundo máis xusto para todos e todas.
A continuación coa nosa viaxe pola Axenda 2030, centrados desta vez nos obxectivos 6-12-13-14 e 15, auga limpa, saneamento , reciclaxe e produción responsable para coidar o noso planeta.
O alumnado de terceiro preséntanos agora o seu poema titulado "Coidamos da auga, coidamos do mundo", no que nos lembran a importancia de protexer os recursos naturais e actuar con resposabilidade no noso día a día.
Agora temos o pracer de escoitar á nosa directora Aurelia. Vai recitar un poema moi especial da autora galega María Canosa. Titúlase "Troita", unha composición chea de sensibilidade e imaxiación. Este poema convídanos a observar, sentir e descubrir a beleza nas pequenas cousas.
Seguimos coa Axenda 2030, traballando agora os obxectivos 7-8-9-10 e 11, enerxía accesible e non contaminante, traballo decente, industria e innovación, redución das desigualdades e cidades sostibles.
O alumnado de cuarto preséntanos o seu poema titulado "Pequenos inventores" no que a imaxiación e a creatividade únense para soñar cun mundo mellor, máis xusto e sostible.
Avanzamos na nosa axenda 2030 centrándonos no obxectivo 16, paz, xustiza e institucións sólidas, claves para construír unha sociedade máis xusta e respectuosa.
O alumnado de quinto preséntanos o seu poema titulado "Sementado paz e xustiza", no que os lembran a importancia de convivir en harmonía, con respecto e solidariedade.
Chegamos ao obxectivo 17, alianzas para acadar os obxectivos, que nos lembra a importancia de traballar xuntos para construír un mundo mellor.
O alumnado de sexto, preséntanos o seu poema titulado "Os ODS comenzan ennós" unha mensaxe clara de compromiso e responsabilidade compartida, onde cada pequeno xesto conta.
Remata o festival coa entrega de diplomas a todos os participantes no CONCURSO DE LECTURA DE POESÍA realizado uns días antes do festival.
Queremos agradecer a participación de todo o alumnado e profesorado por facer posible estos momentos tan especiais.
O venres 13 de febreiro celebramos o festival "OBXECTIVO: ENTROIDO SOSTIBLE".
Hoxe xuntámonos a festexar o Entroido, unha das tradicións máis divertidas e creativas, pero tamén para lanzar unha mensaxe moi importante: coidar do planeta tamén está nas nosas máns.
Este curso, no noso cole estamos a traballar a Axenda 2030, un proxecto que nos axuda a reflexionar sobre como facer do mundo un lugar máis xusto, máis solidario e máis sostible. Por iso este festival leva o título "Obxectivo: Entroido sostible".
Os disfraces, as actuacións e as ideas que ides ver non son só para divertirnos ( que tamén) senón para demostrar que se pode celebrar, crear e pasalo ben respectando o medio ambiente, reutilizando materiais e pensado no futuro do planeta.
Así que preparádevos para rir, cantar, bailar e aprender un pouquiño máis con todos nós, que temos moito que dicir... e moito que ensinar e aprender.
Presetan o festival María, Camila, Mara e Carla, alumnado de 5º do Voluntariado da biblioteca.
Comeza o festival cos máis pequenos e pequenas do cole, o alumnado de Infantil que estiveron traballando os obxectivos 1,2 e 3 que nos falan de algo moi importate: coidar das persoas, compartir, alimentarnos e vivir sans e felices.
Aquí están con moita ilusión e ganas de festa coa súa canción titulada: "Froilán en festa, entroido que presta !
Seguimos avanzando na nosa misión cun grupo con moita enerxía: alumnado de 1º e 2º EP. Eles están traballando os obxectivos 4 e 5 da Axenda que nos lembran a importancia dunha educación de calidade para todas as persoas e da igualdade, onde nenos e nenas teñen as mesmas oportunidades.
Agora é o momento de gozar da súa canción titulada " As superavoas".
Chega a quenda de 3º EP que están traallado os oxectivos 6, 12, 13, 14 e 15 da Axenda 2030 que nos falan da importancia de coidar a auga e de consumir de maneira responsale, reducindo residuos e reciclándoos correctamente.
A través do Entroido aprenderon que pequenos xestos do día a día poden axudar a protexer o planeta e que celerar tamé pode ser sostile.
Aquí están coa súa canción titulada "Reciclando".
Continúa o alumnado de 4º EP que estiveron traballando os obxectivos 7,8,9,10 e 11 da Axenda 2030 que nos fala do uso de enerxías limpas, do traballo digno, da innovación, da redución das desigualdades e da creación de cidades e comunidades máis sostibles.
A través da súa proposta queren transmitirnos unha mensaxe clara: cunha actitude positiva, colaborando e coidando o que nos rodea, podemos cosntruír un futuro mellor.
Escoitamos a súa canción : "Os positivos".
É a quenda agora do alumnado de 5º EP. Este curso estiveron traballando o obxectivo 16 que nos fala da importancia da xustiza, da convivencia pacífica e do respecto ás normas para construír un mundo máis xusto e mellor para todas as persoas.
A través do Entroido aprenderon que dialogar, respectar e coidar uns dos outros é fundamental para vivir e harmonía, tanto no cole como fóra del.
Con moita mensaxe e compromiso, aí vai a súa canción titulada "Xuíces e xuízas por un mundo mellor".
Remata o festival 6º EP. Estiveron traballando o obxectivo 17 que nos fala da importancia de traballar xuntos, en colaboración, para acadar un mundo mellor.
A través do Entroido queren lembrarnos que o planeta é a nosa casa común e que a paz, o respecto e a cooperación son fundamentales para protexelo.
Poñen o broche final a esta celebración cunhas "Coplas de Entroido pola paz mundial".
O noso agradecemento ás familias por acompañarnos, por colaborar e apoiar o traballo do cole e por compartir connós esta celebración tan especial.
Grazas tamén ao profesorado e a todo o alumnado polo esforzo, a ilusión e as ganas de facer deste Entroido unha festa chea de creatividade e compromiso.