martes, 30 de xaneiro de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O martes 30 de xaneiro celebramos no noso colexio o DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ. 

Para conmemoralo todo o alumnado interpretou unha versión propia  da canción "Varre vasoira" do dúo musical galego "Fillas de Casandra"

Aproveitamos a data para lembrar aos que están sufrindo por causa da guerra en moitas partes do mundo e reflexionamos sobre as nosas  pequenas guerras, o control das nosas emocións, a resolución de conflitos dentro da escola. 

Buscamos "varrer" a violencia da nosa escola, da nosa casa, da nosa vida,... Buscamos unha vasoira que elimine o lixo que producen as guerras grandes e as guerras pequenas. 

Participou na celebración todo o alumnado do centro. Nayara e Pedro (alumnado do Voluntariado) presentaron a actividade. 

FESTIVAL DE POESÍA

O venres, 22 de marzo, demos remate ao 2º trimestre co Festival de Poesía. Escollemos como figura representativa a Eduardo Pondal creador d...