Todo o alumnado de Infantil e Primaria colaborou conxuntamente na elaboración dun conto viaxeiro titulado "UNHA NOITE NO CASTRO" que está exposto nun dos corredores do colexio.
martes, 31 de outubro de 2023
CONTO VIAXEIRO "UNHA NOITE NO CASTRO"
Na celebración do Samaín, o 31 de outubro, todo o alumnado e mestres xuntáronse no pavillón para desfrutar do conto viaxeiro contado polo Voluntariado de 5º e 6º E.P. Presentaron a actividade Elisa e Carla.
"CABAZAS CASTREXAS POLOS MUÍÑOS LATEXAN" (Exposición e entrega de premios)
Na celebración do Samaín, 31 de outubro, todo o alumnado do centro desfrutou da EXPOSICIÓN DE CABAZAS realizadas en familia polos participantes do concurso.
A ENTREGA DE DIPLOMAS realizouse no pavillón, na "Hora de Ler". Susana, coordinadora da biblioteca, entregou un diploma por curso.
Aquí tedes os gañadores:
CONCURSO "CABAZAS CASTREXAS POLOS MUÍÑOS LATEXAN"
Na celebración do Samaín, o Equipo de Extraescolares, en colaboración coa biblioteca e o ENDLG, convocou para as familias un concurso de cabazas relacionado co Proxecto Documental Integrado titulado "Cabazas castrexas polos Muíños latexan".
Participaron 45 familias e Infantil e Primaria. A calidade e a orixinalidade foi moi elevada.
Aquí tedes a proba:
luns, 23 de outubro de 2023
SAMAÍN - MAGOSTO 2023
O vindeiro 31 de outubro celebraremos no noso cole, o Magosto- Samaín, cun programa de actividades variado.
Para ver o programa preme na imaxe 👍
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
No CEIP "Os Muíños" celebramos o Samaín dun xeito especial e sostible, enmarcado dentro do noso PDI "Que pasaría se..." ...
-
O xoves, 30 de outubro, celebramos no noso cole o Magosto - Samaín cun programa de actividades moi variado. MOITO MAXÍN NO SAMAÍN Aquí tedes...



