xoves, 28 de outubro de 2021

SAMAÍN - MAGOSTO 2021

Na semana do 27 ao 29 de outubro, no CEIP "Os Muíños", celebramos o Samaín e o Magosto cun programa de actividades variado. 

"MOITO MAXÍN HAI NO SAMAÍN..."

Alumnado e mestres viñeron disfrazados acorde a conmemoración.

Coma sempre, houbo un concurso de cabazas relacionado co PDI "E ti que pintas?" no que participaron as familias, facendo verdadeiras obras de arte.
A biblioteca, en colaboración cos equipos de Extraescolares e Normalización Lingüística, propuxo unha actividade relacionada co PDI titulada "Pintamos de medo" na que participou todo o alumnado de Infantil e Primaria.
A ANPA, en colaboración coa Biblioteca, organizou un "Contacontos de medo" na voz de Isabel, mestra xubilada que traballou moitos anos no noso centro.
"E CHEGOU MAGOSTO, VEN CON EL A DESFRUTAR, DO SEU SABOR..."

FESTIVAL DE POESÍA

O venres, 22 de marzo, demos remate ao 2º trimestre co Festival de Poesía. Escollemos como figura representativa a Eduardo Pondal creador d...