venres, 31 de outubro de 2025

"COIDAMOS DO PLANETA; COIDAMOS DE NÓS"( Exposición e entrega de premios)

Na celebración do Samaín, 30 de outubro, todo o alumnado desfrutou da EXPOSICIÓN DE CABAZAS realizadas en familia polos participantes do concurso "COIDAMOS DO PLANETA; COIDAMOS DE NÓS".

A ENTREGA DE DIPLOMAS E MARCAPÁXINAS realizouse no pavillón, na "Hora de Ler". 
Azucena, a mestra de Educación Física, entregou os premios
Aquí están os gañadores.

CONTO VIAXEIRO "PASAMOS DE TODO!"

Co motivo da celebración do Samaín, o noso centro levou a cabo unha actividade creativa e colaborativa proposta polo Equipo de Extraescolares en colaboración coa biblioteca e o ENDLG: a elaboración dun CONTO VIAXEIRO titulado "PASAMOS DE TODO".

Esta proposta enmárcase dentro do PDI deste curso, centrado na Axenda 2030, e ten como obxectivo principal fomentar  a reflexión do alumnado sobre o coidado do planeta.

A través da creación do conto de terror, o alumnado tivo a oportunidade de dar renda solta á súa imaxinación e , ao mesmo tempo, de poñer en evidencia  que, ás veces, o verdadeiro medo non reside nos monstros senón nas consecuencias de non actuar fronte aos problemas que nós mesmos xeramos.  

O relato, construído entre todas as aulas, foi medrando  a medida que pasaba de grupo en grupo, enriquecéndose con novas ideas, personaxes  e situacións que conduciron a unha mensaxe final de toma de conciencia e cambios de actitude. 

Con esta actividade, pretendemos promover valores como a cooperación , a creatividade e o compromiso co desenvolvemento sostible, demostrando que tamén a través da literatura e do traballo conxunto se pode avanzar cara un mundo mellor. 

O conto viaxeiro está exposto nun mural. Colaborou todo o alumndo de Infantil e Primaria. 

 
 Na celebración do Samaín, o 30 de outubro, todo o alumnado e mestres xuntáronse no pavillón para desfrutar do conto viaxeiro contado por alumnado do club de lectura "Papalibros".
Presentaron a actividade Ainara e Mara.
Tamén desfrutaron da exposición do mural realizado por todo o alumnado do centro. 

xoves, 30 de outubro de 2025

CONCURSO DE CABAZAS " COIDAMOS DO PLANETA, COIDAMOS DE NÓS"

No CEIP "Os Muíños" celebramos o Samaín dun xeito especial e sostible, enmarcado dentro do noso PDI "Que pasaría se..." inspirado nos Obxectivos da Axenda 2030. 

O Equipo de Extraescolares en colaboración coa biblioteca convocou para as familias un concurso de cabazas titulado "Coidamos do planeta, coidamos de nós"

Queremos gozar desta festa tradicional galega mentres reflexionamos sobre a importancia de protexer o medio ambiente e promover o consumo responsable. 

En total participaron 31 familias de Infantil e Primaria con moita creativididade e calidade. . 

Aquí tedes a proba 👏

Aquí tedes a exposición de todas as cabazas participantes no concurso. 

Agradecemento a todas as familias participantes no concurso  por facer deste proxecto unha celebración tan especial. 

"COIDAMOS DO PLANETA; COIDAMOS DE NÓS"( Exposición e entrega de premios)

Na celebración do Samaín, 30 de outubro, todo o alumnado desfrutou da EXPOSICIÓN DE CABAZAS realizadas en familia polos participantes do co...