venres, 31 de outubro de 2025

CONTO VIAXEIRO "PASAMOS DE TODO!"

Co motivo da celebración do Samaín, o noso centro levou a cabo unha actividade creativa e colaborativa proposta polo Equipo de Extraescolares en colaboración coa biblioteca e o ENDLG: a elaboración dun CONTO VIAXEIRO titulado "PASAMOS DE TODO".

Esta proposta enmárcase dentro do PDI deste curso, centrado na Axenda 2030, e ten como obxectivo principal fomentar  a reflexión do alumnado sobre o coidado do planeta.

A través da creación do conto de terror, o alumnado tivo a oportunidade de dar renda solta á súa imaxinación e , ao mesmo tempo, de poñer en evidencia  que, ás veces, o verdadeiro medo non reside nos monstros senón nas consecuencias de non actuar fronte aos problemas que nós mesmos xeramos.  

O relato, construído entre todas as aulas, foi medrando  a medida que pasaba de grupo en grupo, enriquecéndose con novas ideas, personaxes  e situacións que conduciron a unha mensaxe final de toma de conciencia e cambios de actitude. 

Con esta actividade, pretendemos promover valores como a cooperación , a creatividade e o compromiso co desenvolvemento sostible, demostrando que tamén a través da literatura e do traballo conxunto se pode avanzar cara un mundo mellor. 

O conto viaxeiro está exposto nun mural. Colaborou todo o alumndo de Infantil e Primaria. 

 
 Na celebración do Samaín, o 30 de outubro, todo o alumnado e mestres xuntáronse no pavillón para desfrutar do conto viaxeiro contado por alumnado do club de lectura "Papalibros".
Presentaron a actividade Ainara e Mara.
Tamén desfrutaron da exposición do mural realizado por todo o alumnado do centro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

"COIDAMOS DO PLANETA; COIDAMOS DE NÓS"( Exposición e entrega de premios)

Na celebración do Samaín, 30 de outubro, todo o alumnado desfrutou da EXPOSICIÓN DE CABAZAS realizadas en familia polos participantes do co...