martes, 31 de outubro de 2023

"CABAZAS CASTREXAS POLOS MUÍÑOS LATEXAN" (Exposición e entrega de premios)

 Na celebración do Samaín, 31 de outubro, todo o alumnado do centro desfrutou da EXPOSICIÓN DE CABAZAS realizadas en familia polos participantes do concurso.

A ENTREGA DE DIPLOMAS realizouse no pavillón, na "Hora de Ler". Susana, coordinadora da biblioteca, entregou un diploma por curso. 
Aquí tedes os gañadores:

CONCURSO "CABAZAS CASTREXAS POLOS MUÍÑOS LATEXAN"

Na celebración do Samaín, o Equipo de Extraescolares, en colaboración coa biblioteca e o ENDLG, convocou para as familias un concurso de cabazas relacionado co Proxecto Documental Integrado titulado "Cabazas castrexas polos Muíños latexan".

Participaron 45 familias e Infantil e Primaria. A calidade e a orixinalidade foi moi elevada. 

Aquí tedes a proba:

luns, 23 de outubro de 2023

SAMAÍN - MAGOSTO 2023

O vindeiro 31 de outubro celebraremos no noso cole, o Magosto- Samaín, cun programa de actividades variado.

Para ver o programa preme na imaxe 👍

venres, 17 de febreiro de 2023

O ENTROIDO NOS MUÍÑOS

 No C.E.I.P. "Os Muíños" celebramos o Entroido na semana do 13 ao 17 de febreiro. 

Desfrútamolo moito e pasámolo xenial!

Seguimos ao pé da letra os mandados do Meco, para mostra aquí tedes este vídeo. 

luns, 13 de febreiro de 2023

CONSIGNAS DO MECO


Na semana do 13 ao 17 de febreiro celebramos no noso colexio o entroido seguindo as ordes do Meco.

De luns a mércores as consignas son acumulativas. O xoves, disfrace libre. O venres, actividade relacionada co PDI: festival "Entroido a mares".

luns, 30 de xaneiro de 2023

CELEBRACIÓN DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O 30 de xaneiro, celebramos, no noso colexio, o Día Escolar da Non Violencia e a Paz cantando e bailando a ritmo de "O XOGO DA CARRASQUIÑA" do grupo musical Pesdelán.


Alumnado do Voluntariado colaborou ambientando e presentando a actividade

mércores, 18 de xaneiro de 2023

PREPARÁNDONOS PARA O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O EAE en colaboración co equipo de Biblioteca e a mestra de Música propón para a celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz ( luns, 30 de xaneiro)  a canción "O XOGO DA CARRASQUIÑA" do grupo musical Pesdelán.

Aquí tedes un vídeo dos bailadores de  Pesdelán que nos mostran os pasos da canción.

E aquí unha versión con pictogramas ( Casa do Neno) para aprender a letra. 
Xa falta pouco... 
Momentos na clase de Música.
Momentos no patio...

FIN DE CURSO 2025/26

O pasado ve n res, 19 de xuño, cele b ramos  n o colexio a  n osa festa de fi n  de curso cu n ha xor n ada chea de actividades, diversió n ...