sábado, 20 de xuño de 2026

FIN DE CURSO 2025/26

O pasado venres, 19 de xuño, celebramos no colexio a nosa festa de fide curso cunha xornada chea de actividades, diversión e emocións. 

  • Comezamos cunha divertida xincana "Ecoaventura 2030" na que o alumnado participou con entusiasmo. Premendo na imaxe, accederás á actividade. 👍


  • Entrega de premios CONCURSO DE POESÍA ESCRITA.
A poesía ten a capacidade de transformar as palabras en emocións, soños e sentimentos. Ao logo do curso, nenos e nenas demostraron a súa creatividade e sensibilidade participando no concurso de poesía escrita. 
Queremos felicitar ás gañadoras polo seu esforzo, a súa imaxiación e o seu amor polas palabras. 

  • Entrega de premios TALENT SHOW.
 Ao longo deste curso tivemos a oportunidade de descubrir algo moi especial: o enorme talento que hai nnoso colexio.
Queremos felicitar a todas as persoas que participaron no concurso Talent Show e recoñecer ese traballo coa entrega de premios aos gañadores. 

  • VOLUNTARIADO A-D ( Entrega de diplomas).
Non todos os premios recoñecen unha competición. Algúns celebran valores tan importantes como a solidariedade, a responsabilidade, o compromiso e a xenerosidade. 
Ao logo deste curso, alumnado de 5º e 6º EP colaboraron de forma voluntaria como axudantes da biblioteca, cotribndo a que este espazo fose máis acolledor, organizado e dinámico para toda a comunidade educativa. 
Tamén queremos destacar o labor realizado nos Apadriñamentos lectores, unha experiencia chea de aprendizaxe e ilusión na que os maiores acompañaron aos máis pequenos no marabilloso mundo dos libros e da lectura. 
Como agradecemento polo esforzo, dedicación e exemplo fíxose entrega dos diplomas ao alumnado participante nestes programas. 

Alumnado de 5º EP

Alumnado de 6º EP

  • FIN DUNHA PEQUENA E GRAN ETAPA:  INFANTIL.
E chegamos a un dos momentos máis emotivos deste acto. Hoxe despedimos unha etapa moi especial para o alumnado de Infantil. Foron anos cheos de xogos, descubrimentos, aprendizaxes, amizades, risas e moitas experiencias que gardarán para sempre na súa memoria. Pouco a pouco foron medrando, aprendendo e preparándose para afrontar novos retos. 
Agora están listos para comezar unha nova aventura en Primaria, levando consigo todo o que aprenderon nestes primeiros anos de escola. 
Para celebrar este momento tan importante, Nerea, a súa profe, fixo entrega dos birretes e das orlas, un fermoso recordo desta etapa que hoxe remata con éxito. 
Despois da entrega de birretes e orlas, os nosos protagonistas van regalarnos unha cantiga moi especial, preparada con moita ilusióe agarimo. 

  • PEGADAS QUE QUEDAN NO COLEXIO.
E chegamos ao último acto desta celebración. Un momento cheo de emocións, lembranzas e tamén de ilusión polo futuro. Hoxe despedimos ao alumnado de 6º EP, nenos e nenas que deixan pegada nnoso colexio. Aquí creceron, aprenderon, compartiron experiencias, construíron amizades e viviron momentos que formarán parte da súa historia para sempre.
As súas pegadas quedan nos corredores, nas aulas, no patio e, sobre todo, nos corazóns de quen tivemos a sorte de acompañalos nesta etapa. 
O alumnado fixo un discurso de fin de etapa, unhas palabras nas que compartiron os seus recordos, agradecementos e ilusións ante os novos retos que están por vir. 
A mestra Begoña entregou os birretes e as orlas, símbolo do esforzo, da aprendizaxe e do camiño percorrido ao longo destes anos de Primaria. 


A contiuación, o alumnado sorprendeu a Aurelia e a Begoña cuns agasallos.  

Para pechar este acto tan especial, Aurelia dedicou unhas palabras de despedida ao alumnado que rematou a súa etapa no noso centro. 
Premendo na imaxe, accederás ao discurso.👍

BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS!

venres, 19 de xuño de 2026

Xincana "Ecoaventura 2030"

Hoxe, 19 de xuño,  chegamos ao final dunha gran aventura compartida ao longo deste curso. A través do noso PDI sobre a "Axenda 2030" aprendemos a importancia de coidar o planeta, respectar ás persoas e construír un futuro mellor para todos e todas. 

Esta mañá desfrutamos da nosa "Ecoaventura 2030", unha divertida xincanna que alumnado e profesorado participamos xuntos, demostrando traballo en equipo, esforzo e moita ilusión.

GRUPO 1
GRUPO 2
GRUPO 3
GRUPO 4
GRUPO 5
GRUPO 6

A xincana ten un percorrido de seis rutas que os grupos teñen que adiviñar seguindo unhas determinadas pistas

En cada Ruta fanse 2 probas; cada proba ten que resolverse nun tempo máximo de cinco minutos (dez minutos/Ruta). 

Para ver fotos da actividade, preme en cada ruta👍

E chegou o momento que todos estamos agardado. Despois de superar retos, resolver probas, traballar en equipo e demostrar todo o aprendido sobre a "Axenda 2030", nnosa "Ecoaventura 2030" toca recoñecer o esforzo e a participación de cada grupo.

O máis importante desta xincannon é gañar, senón aprender, colaborar, respectar aos demais e o máis importante, divertirnos xuntos.

nda así, temos un equipo gañador, o grupo 1, que destacou polos resultados acadados nas probas. Aurelia, a nosa directora, fixo a entrega de premios.

Parabéns!👐💪

Alumnado do Voluntariado de 5º EP presentou a actividade.

FIN DE CURSO 2025/26

O pasado ve n res, 19 de xuño, cele b ramos  n o colexio a  n osa festa de fi n  de curso cu n ha xor n ada chea de actividades, diversió n ...