O pasado venres, 19 de xuño, celebramos no colexio a nosa festa de fin de curso cunha xornada chea de actividades, diversión e emocións.
- Comezamos cunha divertida xincana "Ecoaventura 2030" na que o alumnado participou con entusiasmo. Premendo na imaxe, accederás á actividade. 👍
- Entrega de premios CONCURSO DE POESÍA ESCRITA.
A poesía ten a capacidade de transformar as palabras en emocións, soños e sentimentos. Ao logo do curso, nenos e nenas demostraron a súa creatividade e sensibilidade participando no concurso de poesía escrita.
Queremos felicitar ás gañadoras polo seu esforzo, a súa imaxiación e o seu amor polas palabras.
- Entrega de premios TALENT SHOW.
Ao longo deste curso tivemos a oportunidade de descubrir algo moi especial: o enorme talento que hai no noso colexio.
Queremos felicitar a todas as persoas que participaron no concurso Talent Show e recoñecer ese traballo coa entrega de premios aos gañadores.
- VOLUNTARIADO A-D ( Entrega de diplomas).
Non todos os premios recoñecen unha competición. Algúns celebran valores tan importantes como a solidariedade, a responsabilidade, o compromiso e a xenerosidade.
Ao logo deste curso, alumnado de 5º e 6º EP colaboraron de forma voluntaria como axudantes da biblioteca, cotribuíndo a que este espazo fose máis acolledor, organizado e dinámico para toda a comunidade educativa.
Tamén queremos destacar o labor realizado nos Apadriñamentos lectores, unha experiencia chea de aprendizaxe e ilusión na que os maiores acompañaron aos máis pequenos no marabilloso mundo dos libros e da lectura.
Como agradecemento polo esforzo, dedicación e exemplo fíxose entrega dos diplomas ao alumnado participante nestes programas.
- FIN DUNHA PEQUENA E GRAN ETAPA: INFANTIL.
E chegamos a un dos momentos máis emotivos deste acto. Hoxe despedimos unha etapa moi especial para o alumnado de Infantil. Foron anos cheos de xogos, descubrimentos, aprendizaxes, amizades, risas e moitas experiencias que gardarán para sempre na súa memoria. Pouco a pouco foron medrando, aprendendo e preparándose para afrontar novos retos.
Agora están listos para comezar unha nova aventura en Primaria, levando consigo todo o que aprenderon nestes primeiros anos de escola.
Para celebrar este momento tan importante, Nerea, a súa profe, fixo entrega dos birretes e das orlas, un fermoso recordo desta etapa que hoxe remata con éxito.
Despois da entrega de birretes e orlas, os nosos protagonistas van regalarnos unha cantiga moi especial, preparada con moita ilusión e agarimo.
- PEGADAS QUE QUEDAN NO COLEXIO.
E chegamos ao último acto desta celebración. Un momento cheo de emocións, lembranzas e tamén de ilusión polo futuro. Hoxe despedimos ao alumnado de 6º EP, nenos e nenas que deixan pegada no noso colexio. Aquí creceron, aprenderon, compartiron experiencias, construíron amizades e viviron momentos que formarán parte da súa historia para sempre.
As súas pegadas quedan nos corredores, nas aulas, no patio e, sobre todo, nos corazóns de quen tivemos a sorte de acompañalos nesta etapa.
O alumnado fixo un discurso de fin de etapa, unhas palabras nas que compartiron os seus recordos, agradecementos e ilusións ante os novos retos que están por vir.
A mestra Begoña entregou os birretes e as orlas, símbolo do esforzo, da aprendizaxe e do camiño percorrido ao longo destes anos de Primaria.
Para pechar este acto tan especial, Aurelia dedicou unhas palabras de despedida ao alumnado que rematou a súa etapa no noso centro.
Premendo na imaxe, accederás ao discurso.👍




.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario