venres, 19 de xuño de 2026

Xincana "Ecoaventura 2030"

Hoxe, 19 de xuño,  chegamos ao final dunha gran aventura compartida ao longo deste curso. A través do noso PDI sobre a "Axenda 2030" aprendemos a importancia de coidar o planeta, respectar ás persoas e construír un futuro mellor para todos e todas. 

Esta mañá desfrutamos da nosa "Ecoaventura 2030", unha divertida xincanna que alumnado e profesorado participamos xuntos, demostrando traballo en equipo, esforzo e moita ilusión.

GRUPO 1
GRUPO 2
GRUPO 3
GRUPO 4
GRUPO 5
GRUPO 6

A xincana ten un percorrido de seis rutas que os grupos teñen que adiviñar seguindo unhas determinadas pistas

En cada Ruta fanse 2 probas; cada proba ten que resolverse nun tempo máximo de cinco minutos (dez minutos/Ruta). 

Para ver fotos da actividade, preme en cada ruta👍

E chegou o momento que todos estamos agardado. Despois de superar retos, resolver probas, traballar en equipo e demostrar todo o aprendido sobre a "Axenda 2030", nnosa "Ecoaventura 2030" toca recoñecer o esforzo e a participación de cada grupo.

O máis importante desta xincannon é gañar, senón aprender, colaborar, respectar aos demais e o máis importante, divertirnos xuntos.

nda así, temos un equipo gañador, o grupo 1, que destacou polos resultados acadados nas probas. Aurelia, a nosa directora, fixo a entrega de premios.

Parabéns!👐💪

Alumnado do Voluntariado de 5º EP presentou a actividade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO 2025/26

O pasado ve n res, 19 de xuño, cele b ramos  n o colexio a  n osa festa de fi n  de curso cu n ha xor n ada chea de actividades, diversió n ...