luns, 20 de xuño de 2022
venres, 25 de febreiro de 2022
O ENTROIDO NOS MUÍÑOS
No C.E.I.P. "Os Muíños" celebramos o entroido na semana do 21 ao 25 de febreiro.
Desfrútamolo moito e pasámolo xenial!
Seguimos ao pé da letra os mandados do Meco, para mostra aquí tedes este vídeo.
venres, 18 de febreiro de 2022
CONSIGNAS DO MECO
De luns a mércores as consignas serán acumulativas. O xoves, disfrace libre e o venres relacionarémolo co PDI "EntroidArte".
Moi atentos as ordes do MECO!
mércores, 2 de febreiro de 2022
DÍA DA CANDELORIA
O alumnado de 6º de Infantil, celebrou o Día da Candeloria , 2 de febreiro, elaborando entre todo o alumnado un fermoso mural.
Di o refrán que a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa, para lembrar que o mes de febreiro comeza cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños.
Aquí tedes o fermoso traballo que fixeron.
Premendo na imaxe accederás á actividade.
luns, 31 de xaneiro de 2022
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
O luns 31 de xaneiro celebramos no noso colexio o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Para conmemoralo, escollemos a canción "Terra" de Tanxugueiras baixo o lema "Non hai fronteiras".
Todo o alumnado, mestres e persoal non docente participou na elaboración dun vídeo tocando distintos instrumentos e bailando a ritmo de muiñeira.
luns, 17 de xaneiro de 2022
PREPARANDONOS PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro celébrase desde 1964 o Día Internacional da non Violencia e a Paz. A data é unha homenaxe a Mahatma Gandhi, lider pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica. Foi asasinado o 30 de xaneiro de 1.948.
Dado que este ano coincide en domingo, nós celebrarémolo o luns, 31 de xaneiro.
Escollemos a canción
"Terra" de Tanxugueiras
Participa toda a comunidade educativa. Cada grupo fai unha estrofa.
Aquí tedes o REPARTO.
Aquí tedes a PROPOSTA.
Para ir ensaiando temos unha versión da canción con pictogramas elaborada polo equipo de biblioteca.
No blog do ENLG podedes ver dúas publicacións relacionadas coa conmemoración:
luns, 20 de decembro de 2021
NADAL 2021
Na semana do 12 ao 21 de decembro, celebramos no noso colexio o Nadal, adaptando a celebración como xa vén sendo habitual este curso.
Aquí amosamos todo o que fixemos para celebrar este Nadal tan especial.
Premendo na imaxe, accederás ás actividades.
FIN DE CURSO 2025/26
O pasado ve n res, 19 de xuño, cele b ramos n o colexio a n osa festa de fi n de curso cu n ha xor n ada chea de actividades, diversió n ...
-
No CEIP "Os Muíños" celebramos o Samaín dun xeito especial e sostible, enmarcado dentro do noso PDI "Que pasaría se..." ...
-
Hoxe, 19 de xuño, chegamos ao fi n al du n ha gra n ave n tura compartida ao lo n go deste curso. A través do n oso PDI sobre a "Axe...
-
O pasado ve n res, 19 de xuño, cele b ramos n o colexio a n osa festa de fi n de curso cu n ha xor n ada chea de actividades, diversió n ...
