O venres, 20 de decembro, demos remate ao 1º trimestre co Festival de Nadal "COS PÉS NA TERRA" no que participou todo o alumnado de Infantil e Primaria. Un momento para compartir coas familias e cos compañeiros, o que levamos traballado este trimestre.
O festival, proposto polo Equipo de Extraescolares en colaboración coa Biblioteca e o ENDLG, está relacionado co Proxecto Documental Integrado ( PDI) "Cos pés na terra".
Presentou o festival, alumnado do Voluntariado de 6º E.P. baixo a coordinación da coordinadora de Extraescolares e a responsable da biblioteca. .
O noso agradecemento a Nerea, Antonio, Sara e Nahir.
Empezan os máis pequenos, os nosos compañeiros e compañeiras de Infantil que van interpretar un conto titulado:
"QUEN SON ESES BECHOS?"
1º e 2º EP van cantar unha cantiga que se titula
"DO OUTONO PARA O INVERNO"
Chega a quenda do alumnado de 3º EP que van cantar:
"E TI, DE QUEN VES SENDO"?
Xa estamos na metade do festival, agora tócalle a 4º EP. A súa cantiga titúlase:
"COS PÉS NA TERRA"
Aquí están os de 5º EP que van facer unha obra de teatro que se titula:
"A XORDEIRA DA SEÑORA MARÍA"
Remata o festival 6º EP cunha obra e unha canción titulada
Desde o CEIP "Os Muíños" sumámonos nesta loita contra a violencia de xénero a través dunha actividade proposta polo equipo de biblioteca en colaboración coa mestra de Música e Danza, o Voluntariado, o EAE e o ENDLG.
PROPOSTA: Versión en galego da canción de Melendi con Alejandro Sanz titulada "DÉIXA QUE ELA BAILE". Trata o tema da desigualdade coas mulleres, especialmente no ámbito laboral.
Alumnado do Voluntariado de 6º EP colaborou nadecoración.
Presentaron a actividade Thalia, Estela e Anxo ( alumnado de 6º EP).
Na celebración do Samaín, o Equipo de Extraescolares en colaboración coa biblioteca e o ENDLG, convocou para as familias, un concurso de cabazas relacionado co Proxecto Documental Integrado titulado "Os Muíños, terra de cabazas".
Participaron 36 familias de Infantil e Primaria. A calidade e a orixinalidade foi moi elevada.
Todo o alumnado de Infantil e Primaria colaborou conxuntamente na elaboración dun conto viaxeiro titulado "COA TERRA NOS PÉS" que está exposto nun dos corredores do colexio.
Na celebración do Samaín, o 30 de outubro, todo o alumnado e mestres xuntáronse no pavillón para desfrutar do conto viaxeiro contado por alumnado do club de lectura "Papalibros". Presentaron a actividade Ainara e Noa.
O venres, 22 de marzo, demos remate ao 2º trimestre co Festival de Poesía. Escollemos como figura representativa a Eduardo Pondal creador da letra do himno galego.
Participou todo o alumnado de Infantil e Primaria, dúas familias e Aurelia, a directora do colexio.
Presentou o festival alumnado do Voluntariado de 5º E.P. baixo a coordinación do equipo de biblioteca.
INFANTIL: "CASTRO DE BARREIRAS"
1ºE.P.: "RIMA DE AULA"
2º E.P.: O QUE FACEMOS NA ESCOLA
3º E.P.: FALADE GALEGO ( EDUARDO PONDAL)
4º E.P.: VIVIR E SER FELIZ NO CASTRO DE BAROÑA
5º E.P.: QUE É A POESÍA?
6º E.P.: "OS CASTROS DEIXARON RASTRO"
AURELIA: POEMA "O CASTRO" ( EDUARDO PONDAL)
ANA RECITA UN FRAGMENTO DUN POEMA DE EDUARDO PONDAL
INÉS RECITA UN FRAGMENTO DUN POEMA DE EDUARDO PONDAL
Remata o festival coa entrega de diplomas a todos os participantes no CONCURSO DE LECTURA DE POESÍA realizado uns días antes do festival.