Desde o CEIP "Os Muíños", sumámonos nesta loita contra a violencia de xénero a través dunha actividade organizada polo equipo de Biblioteca.
xoves, 25 de novembro de 2021
xoves, 28 de outubro de 2021
SAMAÍN - MAGOSTO 2021
Na semana do 27 ao 29 de outubro, no CEIP "Os Muíños", celebramos o Samaín e o Magosto cun programa de actividades variado.
"MOITO MAXÍN HAI NO SAMAÍN..."
Alumnado e mestres viñeron disfrazados acorde a conmemoración.
venres, 12 de marzo de 2021
8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Na semana do 8 ao 12 de marzo, celebramos no noso colexio o Día Internacional da Muller.
A biblioteca propuxo a actividade "ABRINDO CAMIÑOS" na que colaborou e participou todo o alumnado de Infantil a 6º E.P. así como o Voluntariado que se encargou de presentala.
Premendo na imaxe accederás a actividade:
luns, 15 de febreiro de 2021
ENTROIDO 2021
Este ano celebramos o entroido na semana do 8 ao 12 de febreiro, seguindo as consignas do Meco que nos foi dicindo o que tiñamos que vestir cada día.
Neste vídeo veredes que fomos moi guiadiños...
Desfrutámolo moito e pasámolo xenial!
domingo, 7 de febreiro de 2021
OS MUÍÑOS NO ENTROIDO
Na semana do 8 ao 12 de febreiro celebramos no noso cole a chegada do entroido seguindo as consignas do MECO, que nos irá dicindo o que temos que traer cada día.
De luns a mércores as consignas son acumulativas. O xoves disfrace libre e o venres relacionámolo co PDI "Camiño do entroido".
Moi atentos as ordes do MECO!
venres, 29 de xaneiro de 2021
CELEBRACIÓN DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
Do 25 ao 29 de xaneiro celebramos no noso colexio a semana da Paz a través das seguintes actividades:
Sheila e Luc, alumnado do Voluntariado da biblioteca, presentan a conmemoración a través da canción "Cantos de cego".
Premendo na imaxe accederás á actividade.
Presentación das NOVIDADES por parte do equipo de biblioteca.
Alumnado do Voluntariado cóntanos o que len cando é o Día da Paz:
O 29 de xaneiro, para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, a comunidade educativa do CEIP "Os Muíños" únese ao reto "Jerusalema", considerada como un himno á esperanza e á vida para unir forzas para vencer á pandemia.
martes, 22 de decembro de 2020
NADAL 2020
Na semana do 14 ao 22 de decembro, celebramos no noso colexio o Nadal, adaptando a celebración como xa vén sendo habitual este curso.
Aquí amosamos todo o que fixemos para celebrar este Nadal tan especial.
Premendo na imaxe accederás ás actividades.
FIN DE CURSO 2025/26
O pasado ve n res, 19 de xuño, cele b ramos n o colexio a n osa festa de fi n de curso cu n ha xor n ada chea de actividades, diversió n ...
-
No CEIP "Os Muíños" celebramos o Samaín dun xeito especial e sostible, enmarcado dentro do noso PDI "Que pasaría se..." ...
-
Hoxe, 19 de xuño, chegamos ao fi n al du n ha gra n ave n tura compartida ao lo n go deste curso. A través do n oso PDI sobre a "Axe...
-
O pasado ve n res, 19 de xuño, cele b ramos n o colexio a n osa festa de fi n de curso cu n ha xor n ada chea de actividades, diversió n ...









