venres, 25 de febreiro de 2022

O ENTROIDO NOS MUÍÑOS

No C.E.I.P. "Os Muíños" celebramos o entroido na semana do 21 ao 25 de febreiro. 

Desfrútamolo moito e pasámolo xenial!

Seguimos ao pé da letra os mandados do Meco, para mostra aquí tedes este vídeo. 

venres, 18 de febreiro de 2022

CONSIGNAS DO MECO

Na semana do 21 ao 25 de febreiro celebraremos no noso colexio o entroido seguindo as ordes do Meco.

De luns a mércores as consignas serán acumulativas. O xoves, disfrace libre e o venres relacionarémolo co PDI "EntroidArte".

Moi atentos as ordes do MECO!

mércores, 2 de febreiro de 2022

DÍA DA CANDELORIA

O alumnado de 6º de Infantil, celebrou o Día da Candeloria , 2 de febreiro,  elaborando entre todo o alumnado un fermoso mural.

Di o refrán que a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa, para lembrar que o mes de febreiro comeza cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños.

Aquí tedes o fermoso traballo que fixeron. 

Premendo na imaxe accederás á actividade.

luns, 31 de xaneiro de 2022

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O luns 31 de xaneiro celebramos no noso colexio o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. 

Para conmemoralo, escollemos a canción "Terra" de Tanxugueiras baixo o lema "Non hai fronteiras".

Todo o alumnado, mestres e persoal non docente participou na elaboración dun vídeo tocando distintos instrumentos e bailando a ritmo de muiñeira.

luns, 17 de xaneiro de 2022

PREPARANDONOS PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celébrase desde 1964 o Día Internacional da non Violencia e a Paz. A data é unha homenaxe a Mahatma Gandhi, lider pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica. Foi asasinado o 30 de xaneiro de 1.948. 

Dado que este ano coincide en domingo, nós celebrarémolo o luns, 31 de xaneiro. 

Escollemos a canción 

"Terra" de Tanxugueiras

Participa toda a comunidade educativa. Cada grupo fai unha estrofa. 

Aquí tedes o REPARTO.

Aquí tedes a PROPOSTA.

Para ir ensaiando temos unha versión da canción con pictogramas elaborada polo equipo de biblioteca.

No blog do ENLG podedes ver dúas publicacións relacionadas coa conmemoración:

NON HAI FRONTEIRAS

TANXUGUEIRAS

luns, 20 de decembro de 2021

NADAL 2021

Na semana do 12 ao 21 de decembro, celebramos no noso colexio o Nadal, adaptando a celebración como xa vén sendo habitual este curso.

Aquí amosamos todo o que fixemos para celebrar este Nadal tan especial.

Premendo na imaxe, accederás ás actividades.

luns, 13 de decembro de 2021

3 DE DECEMBRO: DÍA DA DISCAPACIDADE

Co motivo da celebración do Día da Discapacidade que se conmemora o venres 3 de decembro, a mestra de Educación Física, Olalla, propón un concurso para o alumnado de 1º a 6º E.P. coa idea de concienciarnos e intentar conseguir un mundo sen barreiras e en igualdade. 

Para obter máis información preme na imaxe.

E aquí tedes os gañadores do concurso:

FIN DE CURSO 2025/26

O pasado ve n res, 19 de xuño, cele b ramos  n o colexio a  n osa festa de fi n  de curso cu n ha xor n ada chea de actividades, diversió n ...