venres, 28 de outubro de 2022

SAMAÍN - MAGOSTO 2022

O 28 de outubro, no CEIP "Os Muíños" celebramos o Samaín  e o Magosto, cun programa de actividades variado. 

"MOITO MAXÍN NO SAMAÍN..."

Celebramos o Samaín pola mañá  a través das seguintes actividades. 
Alumnado e mestres, viñeron disfrazados acorde á celebración.


O equipo de Extraescolares, en colaboración coa biblioteca e o ENDLG, convocou para as familias un concurso de cabazas relacionado co PDI.

Todo o alumnado de Infantil e Primaria colaborou conxuntamente na elaboración dun conto viaxeiro relacionado co PDI, titulado

 "UN MAR DE MEDOS"

Na "Hora de ler", os mestres contaron e escenificaron, no pavillón, un conto para todo o alumnado, titulado "A FIGUEIRA DE PELOSTOSTOS"


Presentou a actividade, Mauro, alumno do Voluntariado.

"E CHEGOU MAGOSTO...VEN CON EL  A DESFRUTAR!"

De 15.00 a 16.30 celebramos o Magosto. 
Todo o alumnado desfrutou dos XOGOS POPULARES.

Rematamos esta celebración con CASTAÑADA E LEITE.

domingo, 23 de outubro de 2022

ANUNCIAMOS SAMAÍN - MAGOSTO 2022

O vindeiro venres, 28 de outubro, no CEIP "Os Muíños" celebraremos o Samaín e o Magosto cun programa de actividades variado.

mércores, 22 de xuño de 2022

FIN DE CURSO 2021/22

O mércores 22 de xuño, celebramos o peche de curso no patio do colexio. Alumnado e mestres desfrutaron das actividades programadas nesta festa remate de curso 2021/22.

Para ver o programa de actividades, preme AQUÍ.

FESTIVAL DE XOGOS

ENTREGA DE DIPLOMAS E MOCHILAS AO VOLUNTARIADO DE 5º E 6º E.P.

Susana, Aurelia e Fita, compoñentes do equipo de biblioteca, entregaron os diplomas e mochilas ao alumnado participante no Voluntariado da biblioteca.

Para ver máis fotos da actividade, preme na imaxe. 

CIRCO "ESTAMPARTE"
O alumnado de 1º e 2º mostran o seu Circo "Estamparte"( trapecistas, malabaristas, encantadores de serpes, bailaríns, paiasos e domadores) que prepararon na clase de ximnasia coa mestra Olalla.

DANZAS DO MUNDO
O alumnado de 3º a 6º E.P. dá remate a este festival con "Danzas do Mundo" que prepararon na clase de Ed. Física coa mestra Olalla. 
3º E.P. danza "Ena nushi" ( Xapón)
4º E.P. danza "Pingacho" ( Portugal)
5º E.P. danza "Tarantella" ( Italia)
6º E.P. danza "Bourré" ( Francia)
FELICES VACACIÓNS!
BO VERÁN!

venres, 25 de febreiro de 2022

O ENTROIDO NOS MUÍÑOS

No C.E.I.P. "Os Muíños" celebramos o entroido na semana do 21 ao 25 de febreiro. 

Desfrútamolo moito e pasámolo xenial!

Seguimos ao pé da letra os mandados do Meco, para mostra aquí tedes este vídeo. 

venres, 18 de febreiro de 2022

CONSIGNAS DO MECO

Na semana do 21 ao 25 de febreiro celebraremos no noso colexio o entroido seguindo as ordes do Meco.

De luns a mércores as consignas serán acumulativas. O xoves, disfrace libre e o venres relacionarémolo co PDI "EntroidArte".

Moi atentos as ordes do MECO!

mércores, 2 de febreiro de 2022

DÍA DA CANDELORIA

O alumnado de 6º de Infantil, celebrou o Día da Candeloria , 2 de febreiro,  elaborando entre todo o alumnado un fermoso mural.

Di o refrán que a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa, para lembrar que o mes de febreiro comeza cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños.

Aquí tedes o fermoso traballo que fixeron. 

Premendo na imaxe accederás á actividade.

FIN DE CURSO 2025/26

O pasado ve n res, 19 de xuño, cele b ramos  n o colexio a  n osa festa de fi n  de curso cu n ha xor n ada chea de actividades, diversió n ...