martes, 30 de xaneiro de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O martes 30 de xaneiro celebramos no noso colexio o DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ. 

Para conmemoralo todo o alumnado interpretou unha versión propia  da canción "Varre vasoira" do dúo musical galego "Fillas de Casandra"

Aproveitamos a data para lembrar aos que están sufrindo por causa da guerra en moitas partes do mundo e reflexionamos sobre as nosas  pequenas guerras, o control das nosas emocións, a resolución de conflitos dentro da escola. 

Buscamos "varrer" a violencia da nosa escola, da nosa casa, da nosa vida,... Buscamos unha vasoira que elimine o lixo que producen as guerras grandes e as guerras pequenas. 

Participou na celebración todo o alumnado do centro. Nayara e Pedro (alumnado do Voluntariado) presentaron a actividade. 

venres, 22 de decembro de 2023

FESTIVAL DE NADAL "CONFÍN DOS VERDES CASTROS"

 O xoves, 21 de decembro, demos remate ao 1º trimestre co Festival de Nadal "CONFÍN DOS VERDES CASTROS" no que participou todo o alumnado de Infantil e Primaria. Un momento para compartir coas familias e cos compañeiros, o que levamos traballado este trimestre. 

O festival, proposto polo Equipo de Extraescolares en colaboración coa Biblioteca e o ENDLG, está relacionado co Proxecto Documental Integrado ( PDI) polo que o tema principal é a cultura castrexa.

Premendo na imaxe, accederás ao programa de actividades.


Presentou o festival, alumnado do Voluntariado de 6º E.P. baixo a coordinación do Equipo de Biblioteca.
 O noso agradecemento a Mar, Pedro, Iria e Andrés. 

Dan comezo a este festival os máis pequenos do cole, o alumnado de Infantil, cun conto dramatizado titulado:

"AQUÍ VEÑEN OS CASTREXOS"

Non pode haber un Nadal sen panxoliñas. Aquí temos ao alumnado de 1º-2º E.P. que cantan:
"PANXOLIÑA DO CASTRO"
Continúan o alumnado de 3º E.P. cunha obra de teatro que titulan:
"CHIQUIARQUEÓLOGOS NO CASTRO DE MALLOU"
O alumnado de 4º E.P. deléitanos cunha mezcla de  conto - canción que titulan: 
"SOÑA, SOÑA, BAROÑA"
Continúan o alumnado de 5º E.P. cunha obra de teatro que titulan: 
"A MILONGA DE VILADONGA"
 
Remata o festival o alumnado de 6º E.P. cun conto dramatizado titulado: 
"LADRÓNS NO CASTRO DE LANÓBRIGA"

luns, 11 de decembro de 2023

"NADAL NOS VERDES CASTROS"

Como son tempos de Nadal, o Equipo de Extraescolares en colaboración coa Biblioteca e o ENDLG propuxo unha actividade colaborativa para darlle forma á nosa árbore "NADAL NOS VERDES CASTROS".

Grazas á colaboración de todo o alumnado e mestres, así luce a nosa árbore. 

Aquí tedes o vídeo da actividade.

luns, 4 de decembro de 2023

OBRADOIRO ECOPERCUSIÓN

O luns 4 de decembro, o alumnado de 5º E.P. participou nun obradoiro de ECOPERCUSIÓN.

Da man do músico cubano Didier Díaz Madan aprenderon a técnica de agarre de baquetas e ritmos diversos. Conseguiron montar unha peza musical en dúas horas que durou o obradoiro.  A actividade desenvolveuse no pavillón. 

Como colofón, a banda de percusión de 5º E.P. fixo un pequeno concerto para todo o alumnado e profesorado do colexio. 

O resultado foi espectacular!


venres, 24 de novembro de 2023

25N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Desde o CEIP "Os Muíños", sumámonos nesta loita contra a violencia de xénero a través dunha actividade proposta polo equipo de biblioteca en colaboración coa mestra de Música, o Voluntariado, o EAE e o ENDLG. 

A canción escollida titúlase "VOZ DAS AMIGAS" do grupo musical LEILÍA. Preme AQUÍ para ver la letra e o reparto das estrofas. 

Alumnado do Voluntariado de 5º e 6º E.P. colaborou na decoración ( Sara e Elisa) e na presentación ( Claudia e Pedro).

Premendo nas imaxes accederás ás fotos.

Aquí tedes o resultado do traballo colaborativo de todo o alumnado do centro. 

xoves, 2 de novembro de 2023

MAGOSTO - SAMAÍN 2023

 O martes, 31 de outubro, no CEIP "Os Muíños" celebramos o Magosto e Samaín, cun programa de actividades moi variado.

"MOITO MAXÍN NO SAMAÍN..."

Aquí tedes as actividades propostas polo equipo de Extraescolares en colaboración coa biblioteca e o ENDLG. 

"CABAZAS CASTREXAS POLOS MUÍÑOS LATEXAN"

EXPOSICIÓN E ENTREGA DE PREMIOS

O alumnado de Infantil e Primaria colaborou conxuntamente na elaboración dun conto viaxeiro relacionado co PDI, titulado:

"UNHA NOITE NO CASTRO"

"E CHEGOU MAGOSTO...VEN CON EL  A DESFRUTAR!"

De 15.00 a 16.20 celebramos o Magosto. 

Todo o alumnado desfrutou dos XOGOS POPULARES.
Para ver as fotos preme nos xogos.

Rematamos esta celebración coa CASTAÑADA.

FIN DE CURSO 2025/26

O pasado ve n res, 19 de xuño, cele b ramos  n o colexio a  n osa festa de fi n  de curso cu n ha xor n ada chea de actividades, diversió n ...