O venres 11 de abril, demos remate ao 2º trimestre co Festival de Poesía "Cos pés na terra". Escollemos como figuras representativas a Manuel María, poeta da Terra Chá ( Lugo) e a Xaime Trillo, veciño de Dumbría. Durante todo o mes de marzo estivemos lendo e aprendendo sobre estes poetas.
Participou todo o alumado de Infantil e Primaria, familias e Susana, responsable da biblioteca.Presentaron o festival dúas alumnas do Voluntariado de 6º EP ( Ana e Carla) baixo a coordinación da responsable da biblioteca.
Os primeiros en intervir son os compañeiros máis pequenos, o alumnado de Infantil. Prepararon un poema titulado
As familias tamén teñen un lugar neste festival, por iso temos aquí a Inés e José Andrés, os pais de Saúl e María Teresa, con cadanseu poema.
Xa temos aquí aos nenos e nenas de 1º e 2º EP. Eles veñen falarnos doutros animaliños, os que voan. Imos escoitar o poema que crearon para compartir con nós, titulado "PAXARIÑOS".
Tamén o profesorado se anima a participar na lectura da poesía. Susana vainos ler un dos poemas máis célebres de Manuel María, titulado "GALIZA".
O alumnado de 3º EP vainos falar a través do seu poema dun tema moi relacionado coa terra. Titularon o seu poema co nome de "TRADICIÓNS".
O grupo de 4º EP quere homexanear a Manuel María con un dos seus poemas. Titúlase "TODO ME FALA DE TI".
Agora Rocío, a nai de Valentina e Martín, vai compartir con nós un poema de Manuel María.
Remata o festival 6º EP que están traballando a fondo co tema da reciclaxe. Así que o seu poema non podía levar un título que non fose "COIDAR O PLANETA".
Aquí chegamos ao remate deste festival. Agradecemos moitísimo a colaboración das familias e agardamos que sigades compartindo con nós o amor pola poesía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario