venres, 19 de decembro de 2025

Festival de Nadal "SOÑAR, COIDAR, ACTUAR"

O venres, 19 de decembro, demos remate ao 1º trimestre co Festival de Nadal que leva por título "SOÑAR, COIDAR, ACTUAR" porque primeiro soñamos cun mundo máis xusto, despois aprendemos a coidar das personas e do planeta  e finalmente actuamos para facer realidade ese soño. 

Participou todo o alumnado de Infantil e Primaria. Os 17 obxectivos de  Desenvolvemento Sostible foron repartidos entre os grupos e cada un traballou con ilusión, creatividade e compromiso. Compartimos coas familias  o resultado dese traballo, convertido en música, movemento, palabras e emocións.

Presentou o festival alumnado do Voluntariado de 6º EP: Mateo, Carla, Ainara e Caleb.  O noso agradecemeto 👏

Comeza o alumnado de Infantil que quere compartir con nós un conto dramatizado titulado "Misión, salvar o planeta". Esta pequena misión recórdanos algúns valores da Axenda 2030: respectar a natureza, axudar aos demais e traballar xuntos por un mundo mellor. 

Agora é a quenda do alumnado de 1º e 2º EP. A través da canción "Mensajes del agua" van lembrarnos algo moi importante: a auga é vida e debemos coidala entre todos. 

Chega agora a quenda do alumnado de 3º EP que nos vai ofrecer dúas cancións moi especiais. A primeira titúlase "Coidamos da auga, coidamos do mundo", unha mensaxe clara sobre a importancia de usar a auga con responsabilidade. A segunda titúlase "Reciclando", unha canción que nos anima a reducir, reutilizar e reciclar para coidar do noso planeta.

É agora a quenda do alumnado de 4º EP que vai interpretar unha canción titulada "Unha mensaxe ao mundo". Convídanos a reflexionar sobre o coidado do planeta, a convivencia e a responsabilidade que temos como cidadáns do mundo. 

O alumnado de 5º EP vai cantar a canción "Xuntos por un Nadal mellor". Unha canción chea de ilusión e esperanza que nos lembra a importancia da solidariedade, do respecto e do traballo en equipo, valores moi presentes na Axenda 2030.

Remata o festival o alumnado de 6º EP que vai representar a obra de teatro titulada "Recita coa axenda 2030" na que, a través da interpretación farannos reflexionar sobre os grandes retos do mundo actual: o coidado do planeta, a igualdade, a paz e a solidariedade. 


Con esta última actuación chegamos ao final  do Festival de Nadal. O noso agradecemento a todas as familias por acompañarnos, por compartir con nós estos momentos tan especiais. A través da actuación de todo o alumnnado  lembramos a importancia de educar en valores, de coidar do planeta e de construír xuntos un mundo mellor, tal e como nos propón a Axenda 2030.
Rematamos esta maravillosa mañá coa visita de Papá Noel. 
A comunidade educativa do CEIP "OS MUÍÑOS deséxavos:
BO NADAL E FELIZ ANINOVO

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ECOPERCUSIÓN 5º EP

O venres, 23 de decembro, o alumnado de 5º E.P. participou nun obradoiro de   ECOPERCUSIÓN . Da man do músico cubano Didier Díaz Madan apren...