O venres, 30 de xaneiro, xuntámonos para celebrar o Día Escolar da non Violencia e a Paz, unha data moi especial que nos invita a reflexionar sobre a convivencia e pequenos xestos como: respectar, escoitar, compartir e resolver os conflitos falando e non con violencia.
Facémolo a través de música, porque une as persoas e axúdanos a soñar cun mundo máis xusto.
A canción escollida é "Samba da utopía" de Jonatan Silva. Escribiuna para lembrarnos que, aínda que as cousas se poñan difíciles, a música e a palabra sempre son un refuxio.
Presentan a actividade Noa e Rosalía, alumnas de 6º de EP.
Ningún comentario:
Publicar un comentario