venres, 13 de febreiro de 2026

FESTIVAL "OBXECTIVO: ENTROIDO SOSTIBLE"

O venres 13 de febreiro celebramos o festival "OBXECTIVO: ENTROIDO SOSTIBLE".

Hoxe xuntámonos a festexar o Entroido, unha das tradicións máis divertidas e creativas, pero tamén para lanzar unha mensaxe moi importante: coidar do planeta tamén está nas nosas máns. 
Este curso, no noso cole estamos a traballar a Axenda 2030, un proxecto que nos axuda a reflexionar sobre como facer do mundo un lugar máis xusto, máis solidario e máis sostible. Por iso este festival leva o título "Obxectivo: Entroido sostible".
Os disfraces, as actuacións e as ideas que ides ver non son só para divertirnos ( que tamén) senón para demostrar que se pode celebrar, crear e pasalo ben respectando o medio ambiente, reutilizando materiais e pensado no futuro do planeta. 
Así que preparádevos para rir, cantar, bailar e aprender un pouquiño máis con todos nós, que temos moito que dicir... e moito que ensinar e aprender. 
Presetan o festival María, Camila, Mara e Carla, alumnado de 5º  do Voluntariado da biblioteca.

Comeza o festival cos máis pequenos e pequenas do cole, o alumnado de Infantil que estiveron traballando os obxectivos 1,2 e 3 que nos falan de algo moi importate: coidar das persoas, compartir, alimentarnos e vivir sans e felices. 
Aquí están con moita ilusión e ganas de festa coa súa canción titulada: "Froilán en festa, entroido que presta !
Seguimos avanzando nnosa misión cun grupo con moita enerxía:  alumnado de 1º e 2º EP. Eles están traballando os obxectivos 4 e 5 da Axenda que nos lembran a importancia dunha educación de calidade para todas as persoas e da igualdade, onde nenos e nenas teñen as mesmas oportunidades.
Agora é o momento de gozar da súa canción titulada " As superavoas".
 
 Chega a quenda de 3º EP que están traallado os oxectivos 6, 12, 13, 14 e 15  da Axenda 2030 que nos falan da importancia de coidar a auga e de consumir de maneira responsale, reducindo residuos e reciclándoos correctamente.
A través do Entroido aprenderon que pequenos xestos do día a día poden axudar a protexer o planeta e que celerar tamé pode ser sostile. 
Aquí están coa súa canción titulada "Reciclando".
Continúa o alumnado de 4º EP que estiveron traballando os obxectivos 7,8,9,10 e 11 da Axenda 2030 que nos fala do uso de enerxías limpas, do traballo digno, da innovación, da redución das desigualdades e da creación de cidades e comunidades máis sostibles. 
A través da súa proposta queren transmitirnos unha mensaxe clara: cunha actitude positiva, colaborando e coidando o que nos rodea, podemos cosntruír un futuro mellor. 
Escoitamos a súa canción : "Os positivos".
É a quenda agora do alumnado de 5º EP. Este curso estiveron traballando o obxectivo 16 que nos fala da importancia da xustiza, da convivencia pacífica e do respecto ás normas para construír un mundo máis xusto e mellor para todas as persoas. 
A través do Entroido aprenderon que dialogar, respectar e coidar uns dos outros é fundamental para vivir e harmonía, tanto no cole como fóra del. 
Con moita mensaxe e compromiso, aí vai a súa canción titulada "Xuíces e xuízas por un mundo mellor".
Remata o festival 6º EP. Estiveron traballando o obxectivo 17 que nos fala da importancia  de traballar xuntos, en colaboración, para acadar un mundo mellor. 
A través do Entroido queren lembrarnos que o planeta é a nosa casa común e que a paz, o respecto e a cooperación son fundamentales para protexelo. 
Poñen o broche final a esta celebración  cunhas "Coplas de Entroido pola paz mundial". 
noso agradecemento ás familias por acompañarnos, por colaborar e apoiar o traballo do cole e por compartir con nós esta celebración tan especial. 
Grazas tamén ao profesorado e a todo o alumnado polo esforzo, a ilusión e as ganas de facer deste Entroido unha festa chea de creatividade e compromiso. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

FESTIVAL "OBXECTIVO: ENTROIDO SOSTIBLE"

O venres 13 de febreiro celebramos o festival " OBXECTIVO:  ENTROIDO SOSTIBLE" . Hoxe xuntámonos a festexar o Entroido, unha das t...