O 27 de marzo celebramos o festival de poesía "Palabras que transforman", un encontro cheo de emoción, creatividade e compromiso.
Reunímonos para celebrar o poder da palabra como ferramenta de cambio inspirándonos nos valores e obxectivos da Axenda 2030.
A través da poesía, queremos reflexionar sobre o coidado do noso planeta, a igualdade, a xustiza social e o respecto por todas as persoas. Porque as palabras cando nacen do corazón, teñen a capacidade de transformar miradas, actitudes e tamén o mundo que nos rodea.
Neste festival participa con gran ilusión o alumnado de Infantil e Primaria que nos deleitarán coa recitación de poemas cheos de sensibilidade e mensaxes de esperanza. Ademais tamén contamos coa participación da nosa directora Aurelia, que se suma a este festival compartindo a súa voz e o seu compromiso.
Convídámosvos a escoitar, sentir e deixarvos levar por cada verso, porque cada palabra conta e cada voz importa.
Presentan o festival Aric, Camila, Mateo e Ainara, alumnado do Voluntariado de 5º e 6º de EP.
O alumnado de Infantil preséntanos unha proposta moi especial titulada "Sabor a rima", onde a poesía mestura palabras, emocións e valores para axudarnos a comprender o mundo que nos rodea.
Continúa o alumnado de primeiro poñendo o foco no obxectivo 4, educación de calidade, fundamental para construir unha sociedade máis xusta e inclusiva. Preséntanos o seu poema titulado "Dereito á educación", no que nos lembran, a través da poesía, a importancia de aprender, crecer e ter as mesmas oportunidades.
Seguimos avanzando na nosa axenda 2030, centrados no obxectivo 5, igualde de xénero, promovendo valores fundamentais para o noso futuro.
O alumnado de segundo preséntanos un poema que leva por título "Promulgando a igualdade"no que, a través das palabras e da creatividade, reivindican un mundo máis xusto para todos e todas.
A continuación coa nosa viaxe pola Axenda 2030, centrados desta vez nos obxectivos 6-12-13-14 e 15, auga limpa, saneamento , reciclaxe e produción responsable para coidar o noso planeta.
O alumnado de terceiro preséntanos agora o seu poema titulado "Coidamos da auga, coidamos do mundo", no que nos lembran a importancia de protexer os recursos naturais e actuar con resposabilidade no noso día a día.
Agora temos o pracer de escoitar á nosa directora Aurelia. Vai recitar un poema moi especial da autora galega María Canosa. Titúlase "Troita", unha composición chea de sensibilidade e imaxiación. Este poema convídanos a observar, sentir e descubrir a beleza nas pequenas cousas.
Seguimos coa Axenda 2030, traballando agora os obxectivos 7-8-9-10 e 11, enerxía accesible e non contaminante, traballo decente, industria e innovación, redución das desigualdades e cidades sostibles.
O alumnado de cuarto preséntanos o seu poema titulado "Pequenos inventores" no que a imaxiación e a creatividade únense para soñar cun mundo mellor, máis xusto e sostible.
Avanzamos na nosa axenda 2030 centrándonos no obxectivo 16, paz, xustiza e institucións sólidas, claves para construír unha sociedade máis xusta e respectuosa.
O alumnado de quinto preséntanos o seu poema titulado "Sementado paz e xustiza", no que os lembran a importancia de convivir en harmonía, con respecto e solidariedade.
Chegamos ao obxectivo 17, alianzas para acadar os obxectivos, que nos lembra a importancia de traballar xuntos para construír un mundo mellor.
O alumnado de sexto, preséntanos o seu poema titulado "Os ODS comenzan ennós" unha mensaxe clara de compromiso e responsabilidade compartida, onde cada pequeno xesto conta.
Remata o festival coa entrega de diplomas a todos os participantes no CONCURSO DE LECTURA DE POESÍA realizado uns días antes do festival.
Queremos agradecer a participación de todo o alumnado e profesorado por facer posible estos momentos tan especiais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario