O 27 de marzo celebramos o festival de poesía "Palabras que transforman", un encontro cheo de emoción, creatividade e compromiso.
Reunímonos para celebrar o poder da palabra como ferramenta de cambio inspirándonos nos valores e obxectivos da Axenda 2030.
A través da poesía, queremos reflexionar sobre o coidado do noso planeta, a igualdade, a xustiza social e o respecto por todas as persoas. Porque as palabras cando nacen do corazón, teñen a capacidade de transformar miradas, actitudes e tamén o mundo que nos rodea.
Neste festival participa con gran ilusión o alumnado de Infantil e Primaria que nos deleitarán coa recitación de poemas cheos de sensibilidade e mensaxes de esperanza. Ademais tamén contamos coa participación da nosa directora Aurelia, que se suma a este festival compartindo a súa voz e o seu compromiso.
Convídámosvos a escoitar, sentir e deixarvos levar por cada verso, porque cada palabra conta e cada voz importa.
Presentan o festival Aric, Camila, Mateo e Ainara, alumnado do Voluntariado de 5º e 6º de EP.
O alumnado de Infantil preséntanos unha proposta moi especial titulada "Sabor a rima", onde a poesía mestura palabras, emocións e valores para axudarnos a comprender o mundo que nos rodea.
Continúa o alumnado de primeiro poñendo o foco no obxectivo 4, educación de calidade, fundamental para construir unha sociedade máis xusta e inclusiva. Preséntanos o seu poema titulado "Dereito á educación", no que nos lembran, a través da poesía, a importancia de aprender, crecer e ter as mesmas oportunidades.
Seguimos avanzando na nosa axenda 2030, centrados no obxectivo 5, igualde de xénero, promovendo valores fundamentais para o noso futuro.
O alumnado de segundo preséntanos un poema que leva por título "Promulgando a igualdade"no que, a través das palabras e da creatividade, reivindican un mundo máis xusto para todos e todas.
A continuación coa nosa viaxe pola Axenda 2030, centrados desta vez nos obxectivos 6-12-13-14 e 15, auga limpa, saneamento , reciclaxe e produción responsable para coidar o noso planeta.
O alumnado de terceiro preséntanos agora o seu poema titulado "Coidamos da auga, coidamos do mundo", no que nos lembran a importancia de protexer os recursos naturais e actuar con resposabilidade no noso día a día.
Agora temos o pracer de escoitar á nosa directora Aurelia. Vai recitar un poema moi especial da autora galega María Canosa. Titúlase "Troita", unha composición chea de sensibilidade e imaxiación. Este poema convídanos a observar, sentir e descubrir a beleza nas pequenas cousas.
Seguimos coa Axenda 2030, traballando agora os obxectivos 7-8-9-10 e 11, enerxía accesible e non contaminante, traballo decente, industria e innovación, redución das desigualdades e cidades sostibles.
O alumnado de cuarto preséntanos o seu poema titulado "Pequenos inventores" no que a imaxiación e a creatividade únense para soñar cun mundo mellor, máis xusto e sostible.
Avanzamos na nosa axenda 2030 centrándonos no obxectivo 16, paz, xustiza e institucións sólidas, claves para construír unha sociedade máis xusta e respectuosa.
O alumnado de quinto preséntanos o seu poema titulado "Sementado paz e xustiza", no que os lembran a importancia de convivir en harmonía, con respecto e solidariedade.
Chegamos ao obxectivo 17, alianzas para acadar os obxectivos, que nos lembra a importancia de traballar xuntos para construír un mundo mellor.
O alumnado de sexto, preséntanos o seu poema titulado "Os ODS comenzan ennós" unha mensaxe clara de compromiso e responsabilidade compartida, onde cada pequeno xesto conta.
Remata o festival coa entrega de diplomas a todos os participantes no CONCURSO DE LECTURA DE POESÍA realizado uns días antes do festival.
Queremos agradecer a participación de todo o alumnado e profesorado por facer posible estos momentos tan especiais.
O venres 13 de febreiro celebramos o festival "OBXECTIVO: ENTROIDO SOSTIBLE".
Hoxe xuntámonos a festexar o Entroido, unha das tradicións máis divertidas e creativas, pero tamén para lanzar unha mensaxe moi importante: coidar do planeta tamén está nas nosas máns.
Este curso, no noso cole estamos a traballar a Axenda 2030, un proxecto que nos axuda a reflexionar sobre como facer do mundo un lugar máis xusto, máis solidario e máis sostible. Por iso este festival leva o título "Obxectivo: Entroido sostible".
Os disfraces, as actuacións e as ideas que ides ver non son só para divertirnos ( que tamén) senón para demostrar que se pode celebrar, crear e pasalo ben respectando o medio ambiente, reutilizando materiais e pensado no futuro do planeta.
Así que preparádevos para rir, cantar, bailar e aprender un pouquiño máis con todos nós, que temos moito que dicir... e moito que ensinar e aprender.
Presetan o festival María, Camila, Mara e Carla, alumnado de 5º do Voluntariado da biblioteca.
Comeza o festival cos máis pequenos e pequenas do cole, o alumnado de Infantil que estiveron traballando os obxectivos 1,2 e 3 que nos falan de algo moi importate: coidar das persoas, compartir, alimentarnos e vivir sans e felices.
Aquí están con moita ilusión e ganas de festa coa súa canción titulada: "Froilán en festa, entroido que presta !
Seguimos avanzando na nosa misión cun grupo con moita enerxía: alumnado de 1º e 2º EP. Eles están traballando os obxectivos 4 e 5 da Axenda que nos lembran a importancia dunha educación de calidade para todas as persoas e da igualdade, onde nenos e nenas teñen as mesmas oportunidades.
Agora é o momento de gozar da súa canción titulada " As superavoas".
Chega a quenda de 3º EP que están traallado os oxectivos 6, 12, 13, 14 e 15 da Axenda 2030 que nos falan da importancia de coidar a auga e de consumir de maneira responsale, reducindo residuos e reciclándoos correctamente.
A través do Entroido aprenderon que pequenos xestos do día a día poden axudar a protexer o planeta e que celerar tamé pode ser sostile.
Aquí están coa súa canción titulada "Reciclando".
Continúa o alumnado de 4º EP que estiveron traballando os obxectivos 7,8,9,10 e 11 da Axenda 2030 que nos fala do uso de enerxías limpas, do traballo digno, da innovación, da redución das desigualdades e da creación de cidades e comunidades máis sostibles.
A través da súa proposta queren transmitirnos unha mensaxe clara: cunha actitude positiva, colaborando e coidando o que nos rodea, podemos cosntruír un futuro mellor.
Escoitamos a súa canción : "Os positivos".
É a quenda agora do alumnado de 5º EP. Este curso estiveron traballando o obxectivo 16 que nos fala da importancia da xustiza, da convivencia pacífica e do respecto ás normas para construír un mundo máis xusto e mellor para todas as persoas.
A través do Entroido aprenderon que dialogar, respectar e coidar uns dos outros é fundamental para vivir e harmonía, tanto no cole como fóra del.
Con moita mensaxe e compromiso, aí vai a súa canción titulada "Xuíces e xuízas por un mundo mellor".
Remata o festival 6º EP. Estiveron traballando o obxectivo 17 que nos fala da importancia de traballar xuntos, en colaboración, para acadar un mundo mellor.
A través do Entroido queren lembrarnos que o planeta é a nosa casa común e que a paz, o respecto e a cooperación son fundamentales para protexelo.
Poñen o broche final a esta celebración cunhas "Coplas de Entroido pola paz mundial".
O noso agradecemento ás familias por acompañarnos, por colaborar e apoiar o traballo do cole e por compartir connós esta celebración tan especial.
Grazas tamén ao profesorado e a todo o alumnado polo esforzo, a ilusión e as ganas de facer deste Entroido unha festa chea de creatividade e compromiso.
O venres, 30 de xaneiro, xuntámonos para celebrar o Día Escolar da non Violencia e a Paz, unha data moi especial que nos invita a reflexionar sobre a convivencia e pequenos xestos como: respectar, escoitar, compartir e resolver os conflitos falando e non con violencia.
Facémolo a través de música, porque une as persoas e axúdanos a soñar cun mundo máis xusto.
A canción escollida é"Samba da utopía" de Jonatan Silva. Escribiuna para lembrarnos que, aínda que as cousas se poñan difíciles, a música e a palabra sempre son un refuxio.
Presentan a actividadeNoa e Rosalía, alumnas de 6º de EP.
O venres, 23 de decembro, o alumnado de 5º E.P. participou nun obradoiro deECOPERCUSIÓN.
Da man do músico cubano Didier Díaz Madan aprenderon a técnica de agarre de baquetas e ritmos diversos. Conseguiron montar unha peza musical en dúas horas que durou o obradoiro. A actividade desenvolveuse no pavillón.
O venres, 19 de decembro, demos remate ao 1º trimestre co Festival de Nadal que leva por título "SOÑAR, COIDAR, ACTUAR" porque primeiro soñamos cun mundo máis xusto, despois aprendemos a coidar das personas e do planeta e finalmente actuamos para facer realidade ese soño.
Participou todo o alumnado de Infantil e Primaria. Os 17 obxectivos de Desenvolvemento Sostible foron repartidos entre os grupos e cada un traballou con ilusión, creatividade e compromiso. Compartimos coas familias o resultado dese traballo, convertido en música, movemento, palabras e emocións.
Presentou o festival alumnado do Voluntariado de 6º EP: Mateo, Carla, Ainara e Caleb. O noso agradecemeto 👏
Comeza o alumnado de Infantil que quere compartir con nós un conto dramatizado titulado "Misión, salvar o planeta". Esta pequena misión recórdanos algúns valores da Axenda 2030: respectar a natureza, axudar aos demais e traballar xuntos por un mundo mellor.
Agora é a quenda do alumnado de 1º e 2º EP. A través da canción "Mensajes del agua" van lembrarnos algo moi importante: a auga é vida e debemos coidala entre todos.
Chega agora a quenda do alumnado de 3º EP que nos vai ofrecer dúas cancións moi especiais. A primeira titúlase "Coidamos da auga, coidamos do mundo", unha mensaxe clara sobre a importancia de usar a auga con responsabilidade. A segunda titúlase "Reciclando", unha canción que nos anima a reducir, reutilizar e reciclar para coidar do noso planeta.
É agora a quenda do alumnado de 4º EP que vai interpretar unha canción titulada "Unha mensaxe ao mundo". Convídanos a reflexionar sobre o coidado do planeta, a convivencia e a responsabilidade que temos como cidadáns do mundo.
O alumnado de 5º EP vai cantar a canción "Xuntos por un Nadal mellor". Unha canción chea de ilusión e esperanza que nos lembra a importancia da solidariedade, do respecto e do traballo en equipo, valores moi presentes na Axenda 2030.
Remata o festival o alumnado de 6º EP que vai representar a obra de teatro titulada "Recita coa axenda 2030" naque, a través da interpretación farannos reflexionar sobre os grandes retos do mundo actual: o coidado do planeta, a igualdade, a paz e a solidariedade.
Con esta última actuación chegamos ao final do Festival de Nadal. O noso agradecemento a todas as familias por acompañarnos, por compartir con nós estos momentos tan especiais. A través da actuación de todo o alumnnado lembramos a importancia de educar en valores, de coidar do planeta e de construír xuntos un mundo mellor, tal e como nos propón a Axenda 2030.
Rematamos esta maravillosa mañá coa visita de Papá Noel.
A comunidade educativa do CEIP "OS MUÍÑOS deséxavos: